novidades

coleccións

autores sobre nós


Conan Doyle, Arthur

Arthur Conan Doyle (Edimburgo, 1859- Crowborough, 1930) estudou Medicina na súa cidade natal, onde coñeceu o doutor Joseph Bell, cuxas capacidades de observación e dedución asombraban os seus alumnos e que máis tarde inspiraría o seu máis célebre personaxe. Unha vez licenciado, estableceu unha consulta en Plymouth, pero disque a falta de clientela o levou a converterse en escritor por necesidade. Así, entre 1879 e 1887 publicou unha trintena de historias. Foi neste último ano cando se imprimiu Estudo en escarlata, na revista Beeton. Porén, Holmes e Watson pasaron inadvertidos ata 1890, cando regresou ao detective por unha encarga da revista norteamericana Lippincott’s, que tivo como resultado O signo dos catro. Foi Escándalo en Bohemia o que catapultou a Holmes á fama, ata o punto de eclipsar calquera outra obra do autor. Farto do personaxe, decidiu matalo en 1893, para logo resucitalo en 1902 pola presión dos lectores. Alén do 221B de Baker Street, Conan Doyle escribiu varios panfletos e artigos en apoio ao Imperio británico, novelas de intriga como Michael Clarke, dramas como Unha historia de Waterloo, e mesmo ciencia ficción, como O mundo perdido. Tamén se dedicou a difundir o espiritualismo en obras como A historia do espiritualismo, trala crise que sufriu pola morte do seu fillo maior na guerra e deixou publicada unha autobiografía titulada Memorias e aventuras.


Obras de Conan Doyle, Arthur


Sherlock Holmes Anotado. Volume II

Sherlock Holmes Anotado. Volume I




Política de privacidade