novidades

coleccións

autores sobre nós

O humor en cadriños II. Conversas con Pinto & Chinto, Santy Gutiérrez, Davila, Leandro, Kiko da Silva e Meixide

O humor en cadriños II vén sendo unha segunda parte d’O humor en cadriños, editado por Morgante en 2012. Se entón eran cinco humoristas da xeración de Siro e Xaquín Marín os que reflexionaban sobre o seu labor, agora é a quenda da seguinte xeración, que se incorporou á prensa galega na derradeira década do século XX e é hoxe a protagonista principal das seccións de humor dos diarios.

Pinto & Chinto, Santy Gutiérrez, Davila, Leandro, Kiko da Silva e Meixide falan sobre a natureza do seu oficio e das dificultades do humor gráfico galego perante o desconcerto da prensa na era de internet. As conversas acompáñanse dunha pequena mostra do traballo de cada un deles.

            

Caballero Wangüemert, Félix

ISBN: 978-84-15166-66-5
Nº Páxinas: 178
Ano: 2017
Formato: Rústica
Medidas: 215 x 130 mm
PVP: 15 €
                              Outras obras de Caballero Wangüemert, Félix

O humor galego alén da retranca

O humor en cadriños. Conversas con Siro, Xaquín Marín, Xosé Lois, Gogue e Pepe Carreiro






Política de privacidade