novidades

coleccións

autores sobre nós

A conxura dos Gosende. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo III

“E nesas andamos, percorrendo o territorio entre o Verdugo e o Umia, os ríos, fontes e regatos pequenos desta nosa milenaria Terra de Montes, aínda que a cacicaxe reinante non vexa máis ca “montes de terra”, para degradar, espoliar e malvender ao mellor postor. Terra de Montes é moito máis ca un viveiro de fachendosos de parroquia metidos a políticos, trepas mediocres que utilizan os concellos para autopromocionarse, para beneficiarse das prebendas do poder.”

Finais do século XVI. O capitán Gosende das Raposeiras, tataravó de frei Martinho Sarmento, entra na Corunha á fronte da milicia de Terra de Montes para loitar contra a grea invasora do corsario Drake. Primeiros do século XXI. O profesor Calros Solla funda Capitán Gosende, un colectivo de amigos que, en libérrima sinerxia, asumiron a encomenda de loitar a prol da cultura terramontesa en todas as súas manifestacións. Agora o inimigo xa non vén de fóra en forma de corsario inglés. Os inimigos atópanse portas dentro, camuflados de filibusteiros da política, bucaneiros de terra firme, piratas de auga doce.

Este volume continúa o traballo comezado n’O código da vincha e As pedras da tribo, dentro da colección Cerdedo in the Voyager, unha viaxe pola historia e cultura milenarias de Cerdedo.

            

Solla, Calros

ISBN: 978-84-15166-54-2
Nº Páxinas: 428
Ano: 2015
Formato: Rústica
Medidas:
PVP: 21 €
                              Outras obras de Solla, Calros

Ao saimento de nós. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo IV

Así aprenderán a non ter ideas. Agrarismo, caciquismo e República en Cerdedo

As pedras da tribo. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo II

O crime de Pardesoa

Cantares de Manuela de Barro (Ed. Especial)

O orgullo do gurgullo

O código da vincha

O ano que chimpamos o cacique

O vervo xido

Carta arqueolóxica do concello de Cerdedo

Cantares de Manuela de Barro

Monte do Seixo (Reivindicación da Montaña Máxica)

Almanaque de encantos (Mitoloxía da Terra de Cerdedo)

Cerdedo in the Voyager I

Cerdedo na obra do padre Sarmento






Política de privacidade