novidades

coleccións

autores sobre nós

Sherlock Holmes Anotado. Volume I

Tradución do inglés de Bieito Iglesias e Manuel Vázquez. Notas de Xesús Fraga.

Este volume inclúe: • Un estudo en escarlataO signo dos catroAs aventuras de Sherlock HolmesAs memorias de Sherlock Holmes. A mestría como investigador mais unha enigmática personalidade fixeron de Sherlock Holmes o detective máis famoso da literatura, que segue a engaiolar os lectores 150 anos despois da súa primeira aparición en 1887 co seu compañeiro e biógrafo, o doutor Watson. Sherlock Holmes anotado recolle en dous volumes as catro novelas e os 56 contos protagonizados polos inquilinos do 221B de Baker Street, escritos á súa medida por Arthur Conan Doyle. A edición inclúe máis de 2.000 notas con cumprida información sobre os personaxes e o fascinante Londres do período vitoriano, ademais de resumir as innumerables teorías e observacións que os devotos holmesianos foron deitando cos anos. Datos, curiosidades e anécdotas, que, xunto coas ilustracións orixinais da época, asinadas principalmente por Sidney Paget para a revista Strand, fan da lectura deste Sherlock Holmes anotado unha rica e gozosa experiencia.

            

Conan Doyle, Arthur

ISBN: 978-84-15166-46-7
Nº Páxinas: 536
Ano: 2013
Formato: Cartoné
Medidas: 210 x 280 mm
PVP: 50,00 €
                              Outras obras de Conan Doyle, Arthur

Sherlock Holmes Anotado. Volume II






Política de privacidade