novidades

coleccións

autores sobre nós

Sobre nós

Edición Morgante é un selo editorial galego, de carácter xeneralista, que comparte instalacións e medios con Rinoceronte Editora, da cal depende. A colección principal de Morgante, Mudanzas, acolle obras de tódolos xéneros, de autores galegos e tamén foráneos. Ademais, temos outras coleccións, como Ferramentas, que acolle obras de consulta tales como o noso Superdicionario castelán-galego; Cerdedo in the Voyager, de carácter etnográfico e centrada na bisbarra de Terra de Montes, que se alimenta das obras do polígrafo Calros Solla; Fotografía e múltiples volumes cuxas peculiaridades fan que se publiquen fóra de colección.

Os libros de Edicións Morgante comercialízanse nas librarías de toda Galiza a través de Distribucións Arnoia. Porén, tamén se poden adquirir doutros dous xeitos: solicitándoos por correo electrónico, e enviaranse sen custo de envío a calquera parte do Estado.


Datos legais:

Edición Morgante

Rinoceronte Editora SLU

CIF: B-36.501.880

Inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra

Tomo 3117 Libro 3117 Folio 209 Folla PO-38316 Inscrición 1

Enderezo: Avenida de Vigo, 103, galerías - 36940 Cangas do Morrazo

Teléfonos: + 34 986 168 028, + 34 986 168 029

Correo-e: info@edicionsmorgante.com








Política de privacidade